Tuesday 21 de May de 2024

O Concello concede axudas a seis entidades sen fin de lucro que impulsan actividades culturais en Neda


Recibiron subvención a totalidade das asociacións que a solicitaron

Media ducia de entidades beneficiáronse das axudas municipais para a realización de actividades culturais e de lecer durante o ano que vén de finalizar. Asociacións veciñais, agrupacións culturais e asociacións de pais e nais do alumnado concorreron desta volta na convocatoria aberta polo Concello de Neda para fomentar o traballo no municipio entidades sen fin de lucro.
A totalidade das solicitudes presentadas á convocatoria de subvención foron aceptadas, de maneira que as seis entidades que presentaron proxectos contaron finalmente con fondos municipais, repartíndose, en función da puntuación recibida, un total de 5.851 euros. De acordo coas bases, o importe máximo non podía superar os 1.500 euros.
As contías máis importantes concedéronse para colaborar nos gastos derivados das actividades presentadas pola Asociación de Veciños O Castro, en Viladonelle, e máis a Asociación Filigrana, promotora esta última do tradicional encontro anual de palilleiras. Ambas entidades recibiron 1.162 euros. Tamén franqueou a barreira dos mil euros, a Agrupación Lucero del Alba, que percibía un total de 1.089 euros.
A liña de axudas serviu ademais para apoiar as actividades impulsadas para os máis pequenos e pequenas da casa tanto pola ANPA Maciñeira como pola ANPA San Isidro – foron 886 e 752 euros respectivamente, en función dos gastos que puido xustificar cada unha, quedando ao marxe os fondos destinados a colaborar cos servizos de comedor escolar e madrugadores- e para reforzar o traballo da Asociación de Amas de Casa de Neda (uns 799 euros).
Con estas subvencións dento o Concello buscan contribuír ao fortalecemento do tecidos social, apoiando ás asociacións na realización de actividades, programas e eventos de carácter cultural e de lecer, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida.